Mostrando entradas con la etiqueta cpi touro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cpi touro. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de enero de 2011

OS PROGRAMAS DE EDICIÓN E RETOQUE DE IMAXEN DIXITAL



Hoxe existen numerosos programas de edición de imaxen dixital, ata o punto de que é dificil atopar alguén que non teña retocado algunha foto, ou que non fixera unha imaxen utilizando un deste programas.
Moitas cámaras de fotos, escáners ou periféricos varios permiten utilizar un software propio que permite traballar coas fotos obtidas ou dixitalizadas con eles.
O windows e os sietemas operativos freeware, como o UBUNTU, o usado no colexio, trae por defecto algún programa deste tipo, caso do PAINT.
A nivel profesional, sen dúbida, o rei é:

O ADOBE PHOTOSHOP... é o máis utilizado e recoñecido programa de edición de imaxen dixital.
Creado en 1990 inicialmente para ordenadores MacIntosh, o seu uso xeralizouse cando tamén comezou a utilizarse nos PCs.
O seu sitio web oficial é ESTE, e tamén podemos ver neste outro ENLACE aos mellores artistas que sacaron partido a este completísimo programa.
Existen moitas aplicacións similares, moitas delas imitacións, do Photoshop, e algunhas delas gratuítos, que podemos atopar neste outro ENLACE.




CÓMO O FIXERON OS ARTISTAS

Aquí podemos ver imaxes de artistas que utilizan o Photoshop ou programas similares de edición de imaxen.
A descontextualización e a ironía e o humor son ingredientes habituais nestas imaxes no que o retoque é evidente a nivel conceptual, máis non a nivel visual.

A primeira imaxen é de David Bellochio, e a seguna de Leao Branco, que como vemos é unha imaxen publicitaria, reino absoluto do Photoshop



Tamén é interesante ver como alguén pode facer unha réplica dunha obra de arte da pintura como A Mona Lisa, de Leonardo, utilizando un sinxelo e simple programa como o PAINT, aparentemente unha ferramenta pouco potente.
Isto é unha demostración de que conseguir bos resultados, e facer cousas interesantes non é só cuestión de cartos, nin de grandes infraestructuras (o vemos tamén con cámaras estenopeicas), senón sobre todo de IMAXINACIÓN e traballo


.



CÓMO O FIXERON OS ALUMNOS

Unha das máis impactantes imaxes feitas na aula foi a da alumna de 4º da ESO, Fátima Rosende, que se meteu (fotogréficamente falando) nas fauces desta enorme quenlla.
Terroríficamente boa imaxen...

Arancha trasladouse, fotoshopicamente falando a entrega dos Oscar, onde recibiu unha boa nota por esta metafotografía, na que é fotografíada dentro da foto.
Para que imos gastar cartos e esforzos no ximnasio, se podemos facer o que fixo Bruno...pórnos cachas na pantalla...?...que hoxe en día, é casi máis importante que selo na realidade...
José Quinteiro levou ás vacas á praia...supónse que a unha nudista, porque esta vaca non leva biquini.
Silvia leva as súas amigas ao Caribe, sin gastar un duro, só co ordenador. Aquí vemos a Carolina comprobando a resistencia da madeira dos árboles da praia. Alí atopou a vaca de José Quinteiro.
Brais tamén foi de vacacións a montaña, sen moverse (ou casi) da cadeira da aula...Alí, no metaespazo, amósanos a posta de sol.
Darío Rey fixo uns dos mellores retoques na aula de informática, e presentounos a definitiva fichaxe do Real Madrid, nun intento desesperado de gañar algo: BOB ESPONXA
Diego Rodriguez meteuse a disputar o campionato mundial de boxeo, entrenando moito co rato.
E para rematar, unhas cantas imaxes nas que os alumnos fan de ciruxáns estéticos (é un dicir) coas fotos de eles mesmos, dos seus compañeiros e ata coa do profesor. Nalgúns casos son retoques moi evidentes e noutros están tan ben feitos, que quen non coñeza a estes alumnos non saberá realmente que algunha das caras que aquí vense son en realidade recauchuitados de varias .
autoretrato de Fernando con Tomás, con gafas fotoshoperas
Natalia presta o seu pelo para a ocasión a unha mestura de Carolina e algún alumno máis
Diego Fernández tamén lle fai unha cara nova a Iván Darío, con anacos de outros alumnos
O pelo de Natalia, que tivo moito éxito, quédalle moi ben ao profesor, que tamén é tuneado cunha boca de alguén que tiña unha de sobra. O retoque é de Fátima Rosende
Nun retoque extraordinariamente bo, Diego Montaña ponlle unha barba a Asier que parece súa...pero é do profesor.

Carolina e Lucía e Daniel mesturan as súas belezas nesta imaxen, feita pola propia Lucía Catro
Con anacos de varios alumnos e o profesor, Bruno construeu este peculiar ser.
Brais crea este auténtico (aínda que guapo) Frankestein. Non sabemos si darlle un bico o escapar correndo
Fátima fai un auténtico collage de caras nesta outra foto

jueves, 6 de enero de 2011

TRAMPANTOLLOS


Non sei si está é a tradución correcta ao galego do francés trompe lóeil ou do castelán trampantojo, pero o caso é que vouvos falar dos trampantollos, as trampas de ollo, moipopulares en toda a historia do arte.
Son xogos visuais nos que o artista, normalmente pintor muralista, crea unha falsa sensación de espazo mediante o uso da perspectiva con formas e obxetos dun tamaño similar
ao dos obxetos reais.
Estas falsas sensacións espaciais lógranse con un pro
fundo coñecemento das leis da perspectiva cónica, e as veces valéndose de inestimables axudas como a dun proxector.


COMO O FIXERON OS ARTISTAS


Como exemplos de artistas adicados a pintar trampantollos en muros temos a JOHN PUGH, do que vemos unhas pequenas mostras do seu traballo



Ainda que quizais o máis coñecido sea Julian Beever, un artista británico que xoga viasualmente no chan coa perspectiva simulada, coa dificultade de que os seus debuxos están feitos para verse NON EN PLANO, SENÓN TAMÉN EN PERSPECTIVA, o que fai que o artista teña que calcular a percepción do espectador dun xeito moito máis complicado.
Aquí temos uns cantos exemplos de este artista urbán, que traballa só con tizas e sempre en rúas e no exterior


Os trampantollos NON son un invento nada actual, nin teñen que ver, ao menos no seu nacemento, coa cultura urbana, senón que se remontan á antiguidade, e tiveron moito uso nas bóvedas e cúpulas das catedrais e igrexas, sempre coa intención de ampliar ilusoriamente o espazo.

Podemos ver máis exemplos de trampantollos, un deles nunha rúa de Madrid.
E reflexionar sobre o carácter de ENGANO que, dalgún xeito, ten sempre a arte, e non só a arte visual, algo que faise evidente nos trampantollos, pero que é común a calquera manifestación artística, en maior o menor medida.

Porque, pensemos nisto...que película, obra de teatro, novela, cadro....non nos minte?...
Non é a arte un xeito de contar mentiras, no que artista e espectador xogan sempre (ou case sempre) conscientemente...?



CÓMO O FIXERON OS ALUMNOS

Os últimos días do curso 2008-2009 foron unhas datas ideais para pintar nos muros do colexio os murais gañadores do CONCURSO DE IDEAS que se fixo entre os alumnos de 3º.
O gañador foi este deseño de RUBÉN DE LA FUENTE, de 3º diversificación, que aproveitaba a esquina que facían dous muros para representar o río Santaia en perspectiva.
Os propios alumnos de 3º pintaron a pared, co resultado que vedes (tamén noutra foto podedes ver o muro ANTES de pintar)







sábado, 1 de enero de 2011

JUAN PABLO ETCHEVERRY


http://www.juanpabloetcheverry.com/

Non moita xente sabe que un dos máis recoñecidos artistas do mundo da animación é galego, e vive aquí mesmiño, en Santiago.
Juan Pablo Etcheverry é, a pesar de ser moi novo, o artista galego máis premiado, pero sobre todo, é o gran mago da stop motion, un narrador, un contador de historias como poucos, e un auténtico xenio neste peculiar mundo de plastilina en movemento.

Tivemos a sorte de telo, por dúas veces, con nós, no colexio de Touro, onde explicou os alumnos como facer (aparentemente) maxia con só unha webcam e un ordenador.
Sumerxirse no seu mundo é toda unha experiencia para os sentidos.

Aparte da súa web, que encabeza esta entrada, aquí podes ver máis cousas:


Minotauromaquia, un dos seus curtametraxes de máis sona


E este vídeo que fixo para o grupo Radiohead.

Podes atopar na rede moitas máis cousas de el, ...e lembra o seu nome, porque moitas máis estan por vir, e ti por disfrutalas...


O MUSEO DE EL PRADO, SIN LEVANTARSE DA SILLA

Non serei eu quen diga que a mellor maneira de ver os grandes clásicos da pintura sexa sentado ante a pantalla do ordenador, pero é unha das maneiras que temos de velas se é que non temos a sorte de poder acudir en persona a un dos grandísimos Museos que temos.
O Museo do Prado permite visitas interactivas a unha calidade increíble, que podedes ver, por exemplo, neste impresionante vídeo

jueves, 23 de diciembre de 2010

BENVIDOS

Benvidos ao blog TOUROPLÁSTIKA, do CPI Fonte Díaz de Touro.
Un blog no que non só poderás atopar cousas sobre plástica, ainda que o pareza, senón sobre outras moitas cousas que poden ser do teu interese...textos, fotos, vídeos, enlaces moi, moi interesantes...
Queda atento a este pantalla e recorda o noso nome....touroplastika.blogspot.com
Eu son Mariano, o administrador deste blog, desta nova casa que agora xa é tua. Si és alumno, profesor ou pai de algún alumno do noso CPI, probablemente xa teñas a desgraza de coñecerme. Pero non te preocupes, eu non vou ser o protagonista de nada do que aquí vexas. Quero que este blog sexa unha ponte entre os traballos de xente á que eu admiro, xente que me gusta, no campo da arte, o cine,...o que sexa..., e os traballos dos alumnos do colexio. Veredes que non están tan lonxe uns dos outros, e que, en definitiva, o que un PODE facer non está moi lonxe do que un QUERE facer.
Que en todo na vida, e non só nestas cousas, ninguén nace con varitas máxicas baixo o brazo...todo é cuestión de traballo e de vontade...QUERER É PODER.
Deíxovos, para ir abrindo boca, co impresionante traballo de graffiti animado de BLU...pensade, cando o vexades, que cada un dos fotogramas que compoñen o video é un novo debuxo, e pensade o traballo, non só físico, senón de planificación, que o autor tivo que facer ata chegar a esta maravilla...



Se queres saber máis sobre este autor pulsa neste ENLACE ou neste OUTRO.