viernes, 18 de marzo de 2011

Os COLLAGES




COLLAGE é un concepto que nun comezo tivo un sentido pictórico, pero que hoxe en día excedeu ese ámbito, para entenderse como tal calquer forma artística, creativa o constructiva que parta de anacos de obxetos preexistentes para volver a crear un todo.
Pode entenderse como a ARTE DO RECICLAXE por excelencia, a maneira de usar cousas que xa existen (imaxes, obxetos, e todo tipo de cousas) para crear ou facer algo NOVO.
Non só na pintura ou na imaxen existe o collage. A música é un campo onde a experimentación con anacos de outras músicas pode considerarse (e de feito adoita chamarse así) collage.
Os músicos actuais, o catalán Guillamino, e o galego-haitiano Carlos Jean son bos exemplos.
Tamén na televisión estamos moi acostumados a ver programas que son en realidad COLLAGES: os programas de zapping, por exemplo.

Na pintura son artistas como Pablo Picasso, Juan Gris ou Braque os que empezan, a principios do século XX, a usar esta técnica, colocando anacos (de periódicos, ou material previamente impreso, ou mesmo mibres ou palla) no lenzo.
E durante todas as avangardas, a ruptura da pintura e da arte coa misión representativa e figurativa que sempre tivo, ao aparecer a fotografía, fixo que moitos artistas tomaran a técnica do collage, dun ou outro xeito, como unha maneira de crear novas cousas.

É moi interesante o seu uso na aula, é unha forma de crear imaxes a partir doutras imaxes, de pintar sin cor-pigmento, senón con materiais xa impresos, creando xogos moi interesantes e ensinándonos o poder e a importancia do reciclaxe de materiais.


COMO O FIXERON OS ARTISTAS

Moitos artistas fixeron do COLLAGE a súa fonte de inspiración e creación. Diferentes correntes como o arte POP, o arte obxetual, os ready mades, o dadaismo, a arte póvera, ou o informalismo, tiveron no collage un bo aliado.
Como simples exemplos dos miles que poderíamos poñer, imos ver unhas cantas imaxes de Pablo Picasso, Robert Rauschemberg, Tom Wesselmann, Antoni Tapies e David Hockney.


Tom Wesselmann é un artista estadounidense, que como todos os POP americanos de mediados dende século XX, xogan moito co papel da publicidade, os medios de masas e a sociedade de consumo, en expansión no seu país nestes anos, nas súas obras, nas que literalmente péganse cortiñas, fotos de artigos de consumo (cervexas, pasteis), e anuncios e páxinas de revistas.
Tamén ten moitas obras nas que ensambla materiais escultóricos a modo de pintura.






Robert Rauschemberg é outro artista norteamericano que traballa constantemente co collage, chegando a ter pegado unha cabra disecada nun lenzo horizontal, ou as sabanas dunha cama sobre a que pinta, ou a usar un BMW como soporte do collage onde pega imaxes. Aínda que se lle considera un pintor POP, está tamén preto da arte PÓVERA europea.




Antoni Tapies é un artista catalán moi recoñecido, que dende o informalismo usa tamén o collage, ensamblando e pegando telas, terra e materia diversa, e mesmo algunha que outra CAMA, nos seus enormes lenzos, moitos dos cales poden verse na súa FUNDACIÓN en Barcelona




David Hockney é un pintor POP británico, moi versátil e interesante, que mestura con naturalidade a pintura e a fotografía, e o uso do collage en ambalas dúas disciplinas, como podemos ver nas imaxen de abaixo, algunas das cales deron cun peculiar estilo que moitos chaman "cubismo fotográfico"





Pablo Picasso e moitos cubistas e dadístas no comezos do XX comezaron a ver no collage unha maneira de romper o academicismo da pintura figurativa e crear con máis liberdade.
O famosísimo GUERNIKA non é un collage, é pintado, pero a súa composición fragmentada a partires de bocetos que se fixeron por separado, é o máis parecido a un collage dentro da pintura que pode verse.




COMO O FIXERON OS ALUMNOS

En primeiro da ESO, a realización de COLLAGES é unha práctica habitual, que ensina os alumnos a combinar gamas de cores, reutilizar e reciclar material, e construir imaxes dun xeito libre sin ter como modelo un fragmento acotado da realidade da aula.
Os resultados SEMPRE superan as expectativas, a pesar da restrición de formato (A4) e de gamas (fríos ou quentes) que pónselles como condición inicial.
A imaxinación dos rapaces voa moi rápido...e moi alto.
Baixo cada imaxe, aparece o nome do seu autor, se non o ves, podes ampliar a foto pinchando nela.
Estes son uns exemplos tan só deste curso, 2010 2011, e de 1º da ESO...















1 comentario:

Daniel dijo...

Noraboa!!!! encántanme os vosos traballos