domingo, 27 de marzo de 2011

Animacións en FLASH

A animación vectorial en aplicacións como o FLASH é moi útil no deseño de páxinas web, no desenrolo de utilidades na rede en xeral, e tamén como un medio expresivo, creando animacións que poden ser exportadas a vídeo, e que poden verse tanto no propio ordenador, como en calquer formato de reproducción de vídeo.
A aplicación FLASH ten dúas importantes subaplicacións: O Adobe Flash, para crear animacións, e o Adobe Flash Player, para visualizalas, aplicación esta última hoxe en día imprescindible para navegar pola rede e poder ver moitas das súas páxinas, entre elas o YOUTUBE.
O programa FLASH foi en principio desenrolado pola empresa Future Wave, que logo foi adquirida pola grande MACROMEDIA, e no 2005 o xigante ADOBE mercou os dereitos deste programa.

Podemos ver na rede moitos tutoriais e información sobre cómo usar este sinxelo programa, que permite animar en 2d mediante interpolacións de movemento, facendo o traballo do animador moito máis sinxelo.
E tamén moitas interesantes animacións feitas con este programa.
O programa FLASH PLAYER pódese descargar gratuítamente na propia páxina da casa ADOBE, neste ENLACE, mentras que o programa de animación é un programa de pago, de uso profesional.


CÓMO O UTILIZARON OS PROFESIONAIS E OS ARTISTAS

Un dos máis populares creadores audiovisuais é Alberto González Vázquez, a quen é máis doado coñecer polo seudónimo, QUERIDO ANTONIO. Se pinchas no seu nome podes ver a súa páxina web con todos seus traballos .
Os seus vídeos-non de flash-podense ver cada día no programa EL INTERMEDIO, de LA SEXTA TV.
Neste vídeo que podes ver deseguido, este peculiar artista explica o seu sinxelo método de traballo, onde o FLASH é o protagonista.





Tamén a continuación podes ver unha auténtica obra de arte feita co FLASH, e que fai referencia ao mesmo programa, facendo unha metanarración cos propios gráficos da interfaz do programa...Recoméndoche que a vexas ata o final, é increíble...
O autor é un dos artistas que máis lonxe xhegou co flash, ALAN BECKER...podes buscar na rede máis sobre él...




E aquí podes ver outro dos seus traballos






CÓMO O UTILIZARON OS ALUMNOS



Os alumnos de Touro fixeron un moi bo traballo co FLASH, e aínda coas lóxicas limitacións de tempo das clases (os programas de vídeo e animación esixen moito tempo) fixeron moi boas cousas como as que vas ver deseguido.
Alumnos como Sandra, Sara, Daniel Lamas, Miguel, Fátima, Xenaro, Antonio, Laura, Natalia...foron algúns dos autores destas pezas que crearon do principio ao final (os guións ou ideas tamén son seus).
Como musica de fondo escollín esta peza de Enri Scapes, que fai música para documentales á que se pode acceder libremente dende a páxina JAMENDO.


No hay comentarios: