miércoles, 2 de marzo de 2011

A CÁMARA ESTENOPÉICA





A cámara estenopéica ou cámara escura é a base do mecanismo óptico da fotografía.
A fotografía foi, tradicionalmente, a unión entre este proceso óptico e un proceso QUÍMICO, que consistía en usar un material fotosensible (papel ou carrete) dentro dunha caixa oscura e revelalo.
Agora eso quedou obsoleto, e en vez dun proceso químico hai un proceso DIXITAL da imaxen virtual que se forma dentro da caixa-cámara: a luz chega a uns sensores que a atransforman en PÍXELES de cores, que son almacenados como un archivo dixital de imaxen.

Pero o proceso óptico, basado no natural funcionamento da LUZ, é o mesmo nunha cámara estenopeica que na máis sofisticada das cámaras dixitais: A luz, como podemos ver no gráfico, viaxa en línea recta, pasa polo burato da caixa (estenopo), e proxéctase no fondo da caixa, formando en conxunto unha imaxen invertida.

Isto é o mesmo que fai un ollo cando vemos algo.

Podemos facer unha CÁMARA ESTENOPEICA MOI FÁCILMENTE, e comprobar o doado que é facer imaxes fotográficas sen máis tecnoloxía que unha caixa, cartulina negra, tesoiras e pegamento.

Tamén podemos usar LATAS DE REFRESCO, ou outras cousas.



COMO O FIXERON OS ARTISTAS

Aquí temos uns exemplos de artistas que traballaron con cámaras estenopeicas, considerando as súas características, hoxe rudimentarias, como axeitadas dende o punto de vista da expresividade e a arte.
Vemos unha imaxen de Wayme Martin Bleger, que construe extranos obxetos que logo fotografía, dúas imaxes (curiosamente, en cores, algo non habitual polo traballo que conleva) de Sheila Bocchine, e unha máis do francés Guy Paizy, que adicouse á publicidade e os anuncios, e tamén o ensino da fotogrtafía, sobre todo da fotografía estenopeica.









COMO O FIXERON OS ALUMNOS

Aquí temos uns exemplo do traballo dos alumnos dos últimos cursos.
Para empezar, unha imaxen feita por Daniel Iglesias (que aparece en segundo plano na foto), tal e como sae da cámara (en negativo), e positivada embaixo.
Logo vemos unha interesante imaxen de José Reboredo, que tamén aparece nela, en negativo, logo en positivo, e logo coloreada dixitalmente cun programa de retoque fotográfico.
Máis abaixo unha fotografía de Francisco Moire, na que aparece tamén él mesmo xunto a un compañeiro, e despois outra fotografía deste mesmo alumno na que podemos observar a infinita profundidade de campo que ofrece a cámara escura (xa que non ten lentes) e crea efectos ópticos interesantes como a sensación de xigantismo das teselas do chan.

Máis abaixo temos dúas imaxes tamén coloreadas dixitalmente de Daniel Lamas e Rubén Pereiro.
E por último, toda unha homenaxe ó LIBRO, o que fai (ou fixo) Victor Castro.














Algunhas das fotos do curso 2010 2011, feitas por Arancha Fernández, Tomás Duro e Fernando Montero




No hay comentarios: