miércoles, 9 de marzo de 2011

A ESCULTURA EN ESPAZOS PÚBLICOS


A escultura como unha arte pensada para interactuar co espazo público, e enriquecelo, aportando a posibilidade de observar unha obra tridimensional, que poida rodearse e cree unhas novas dimensións nese espazo, é algo que tense feito dende hai séculos.
En tempos remotos, a escultura monumental, fora da escala humana foi un xeito de invocar e homenaxear a deuses ou a homes poderosos (Antigo Exipto, Roma, Grecia...), e de empequenecer as persoas normais, como devotos e subordinados a un poder non moi democrático.

Como exemplos de esta monumentalidade temos a escultura de ouro de Nerón, xa desaparecida, que presideu o Colosseo romano, ou o Coloso de Rodas grego que daba entrada o porto desa cidade. Esta estatua colosal, tamén desaparecida, aparece aquí nunha reproducción.
Outro exemplo, cheo de misterios, son as esculturas da remota Illa de Pascua, que tamén vemos nunha das imaxes.

A monumentalidade e o exceso repiteuse máis adiante, especialmente en países con gobernos autoritarios, que tentaban repetir o culto personalista de antigos gobernos teocráticos e despóticos.

O Rexurdimento italiano foi unha marabillosa época de recreación da imaxinería clásica de Grecia e Roma, que terminou coa artísticamente escura idade media. As cidades de Roma e Florencia son exemplos perfectos de como a escultura na rúa achegouse ao pobo, non para amedrentalo senón para convivir con él.
Aquí podemos ver tamén a escultura da Piazza da Signoría que representa a David, feita por Michellángelo, seguramente a máis famosa escultura feita para un espazo aberto e público, aínda que hoxe estea agochada nun museo o orixinal.

Co Rexurdimento aparece a figura do artista como oficio autónomo e liberal, non suxeito ao capricho do poder, as representacións e as temáticas comezan a ser máis libres e o artista comeza a firmar as súas obras.

Hoxe é raro que non coñezamos moitos exemplos de esculturas na rúa, que fan a nosa vida na cidade máis agradable e máis humana.
Como exemplos podemos ver nas imaxes a escultura do artista galego Ramón Conde na Coruña, a GAMBA de Javier Mariscal en Barcelona.
Tamén e intereante observar o contraste de estilos entre a estatua de COLÓN, clásica e unida conceptualmente a un pedestal, con , por exemplo, a pincelada "pop" de Roi Lichtenstein, ou as esculturas en forma de globos do irreverente Jeff Koons.

Outro bo exemplo de escultor rueiro é Igor Mitoraj, polaco, que fai uso de parámetros estéticos clásicos, como a figuración e a monumentalidade, pero dun xeito que o fai adecuado aos nosos días.


CÓMO O FIXERON OS ARTISTAS








CÓMO O FIXERON OS ALUMNOS




Cando facemos unha escultura para un espazo exterior no colexio, o primeiro de todo e plantexar un CONCURSO DE IDEAS. Hai catro anos, esta da man foi a gañadora, o autor, o alumno Jesús Montero
Despois, faise unha estrutura sólida que faga a futura escultura o máis duradera e estable posible. Neste caso, fíxose un encofrado de cemento para a base, e dedos feitos con tablóns. Unha malla de alambre e un tubo remataron de dar forma externa a estrutura.
Sobre esa estrutura botamos cemento e ó final, unha capa de poliester con fibra de vidro. Os alumnos en faena
Por último, píntase a figura


E este é o resultado, unha escultura que leva anos con nós, e agardamos que uns cantos máis, deixando unha interesante mensaxe na parede: "o máis intelixente non é o que máis sabe, senón o que sempre quere saber máis"

A escultura da man, de tres metros de alto e unhas dúas toneladas de peso, tal e como pode verse hoxe, co edificio recén pintado.
O portalápices, deseñado ó ano seguinte por Raquel Martinez, tivo un proceso moi similar.
Aquí temos unhas fotos deste proceso.

E dos alumnos que o fixeron posible, posando coa obra finalizada



Outra escultura que leva anos con nós é o TOURO DA TERRA, un touro azul, de dous toneladas e media de peso, armazón de aceiro e hormigón, cos continentes pintados nel.
O noso touro, deseñado por Verónica Rodeiro, pobriño del, sofreu un accidente coas obras de remodelación do colexio, e este ano será restayrado, como o portalápices, para que poidamos verlos de novo como eran, guapos.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cuando vemos una obra de arte, no nos solemos poner a pensar en todo el trabajo que hay detrás; la vemos como fruto de un momento de inspiración, que se crea de la nada. Se reconoce y valora el trabajo final pero no el esfuerzo realizado...
Bien por tod@s l@s artistas que aparecen en esta entrada...

Un saludo,

Carmen

mariano dijo...

Eu creo que se parte dunha confusión inicial, a de chamar "obras de arte" a cousas que (afortunadamente)non teñen tal pretensión.
Estes traballos son ESCULTURAS, deseñadas e feitas por rapaces de 15 anos, como un traballo dunha asignatura escolar.
Os dous son boísimos traballos, pero o concepto de "arte" as veces enturbia unha relación co espectador que debe ser máis natural.
Si un alumno fai unha redacción ou comentario na clase de língua, pode ser que faga un excelente traballo, e incluso que teña valor literario, pero sería moi raro que o profesor dixera que fixo "unha obra de arte".
A plástica pasou de ser considerada como "pretecnoloxía" (unha palabra claramente peiorativa que fai referencia ao carácter ornamental e inútil do traballo plástico) a ser chamada "ensinanza artística", (un concepto metalingüístico e que excede as pretensións e a capacidade do ensino obrigatorio)...e non é nin unha cousa nin outra.
É un estudio (iniciático aínda en secundaria, porque en primaria esta asignatura segue a ser unha "maría") das linguaxes visuais, como as linguas o son das linguaxes faladas e escritas.
Posiblemente estea máis preto de poder chamarse "ensinanza artística" unha língua (galego ou castelán) no ensino secundario, que a plástica, xa que as línguas gozan no sistema educativo dun prestixio do que as linguaxes visuais (inda hoxe en día, que parece mentira) carecen.
En secundaria obrigatoria xa se fan incursións na LITERATURA e no uso artístico das linguas...isto en plástica é moi difícil, porque ata a ESO a plástica nen sequera é considerada unha materia digna de ser ensinada por un especialista.