domingo, 27 de febrero de 2011

A IDENTIDADE CORPORATIVA




Novo e vello logo TVG
A identidade corporativa é a base da imaxe dunha empresa, é o conxunto de logotipos, tarxetas, follas, sobres (papelería), rotulacións de vehículos, deseño publicitario e formas visuais de presentación pública en xeral que unha empresa ten establecido para mostrase ante o público.
Deseñar a identidade corporativa dunha empresa non é sinxelo: require profundos coñecementos de deseño gráfico, tipografía (tipos de letra), marketing, e coñecemento non só do comportamento do mercado presente senón tamén do futuro, das posibles tendencias que poden ir xurdindo, de xeito que a imaxen dunha empresa non quede obsoleta ao pouco tempo de ser deseñada.

Non hai ningunha empresa importante que non dispoña de un claro e preciso MANUAL DE IDENTIDADE CORPORATIVA no que se describa, con todo detalle, cada un dos aspectos do logotipo e marca (s) visual da empresa: cores (numerados), formas, variantes, medidas, marxes, etc.
As empresas importantes gastan moitos cartos en renovar a súa imaxe cando consideran que visualmente xa non funciona (por exemplo o fixo a TVG fai pouco, pensemos no custo só en rotulación que este cambio trouxo). Esto é o mellor indicio de que realmente A IMAXEN É MOI IMPORTANTE.
Pensemos tamén en cantas empresas coñecemos pola súa imaxen o polo seu logo, e como as connotacións e a linguaxe implícita nesa imaxen corporativa nos leva a comprar e a consumir ese tipo de obxetos ou servizos (en definitiva marcas). A mocidade é, en xeral, o grupo social MÁIS VULNERABLE á publicidade e a acción da imaxe, e por elo, é tamén o blanco da meirannde parte das campañas de márketing, en que grandes empresas invirten enormes sumas de diñeiro, convencidas de que esa publicidade vailles permitir recuperar con creces ese gasto.
Pensemos que a identidade corporativa das empresas, a súa explotación e utilización é unha maneira de identificarmos o que as empresas poden ofrecernos, pero tamén é unha maneira de incitarnos a un consumo compulsivo e pode que non sempre necesario.


As grandes empresas fan un gran esforzo porque a súa imaxen sea reproducida de maneira fiel e exacata a como foi deseñada. A empresa galega punteira no mundo INDITEX ten, por exemplo, na súa páxina, esta sección adicada a prensa e aos medios, na que permite descargar os seus LOGOS.

Podemos ver tamén un manual de identidade corporativa real neste outro enlace, no que podémonos facer unha idea bastante exacta do traballo (minucioso) que ten que facer un equipo de creativos dunha empresa de deseño e publicidade.

COMO FACER UN DESEÑO DE IDENTIDADE CORPORATIVA

Cando se vai deseñar a imaxen dunha empresa, temos que ter en conta que o LOGO e a tipografía non son simples debuxos e letras ao chou: O logo debe mostrar aspectos que, dun xeito directo , máis obvio e figurativo (caballo de Ferrari), ou dun xeito máis abstracto, denotativo e sutil (debuxo da trayectoria de NIKE).
Temos que ter en conta que o logo debe mostrar aspectos positivos dunha empresa ou servizo. Dín que a publicidade amosa a verdade, mais NON TODA A VERDADE. Se vemos un spot dun todo terreo, o anuncio nos dirá que con ese vehículo poderemos ir donde queiramos, pero non nos dirá cantas veces teremos que pasar pola gasoliñeira, nin o custe do seguro para un coche dese tipo.
Temos que pensar tamén non NOME para esa empresa, se é que non o ten, e iso é unha especialidade do marketing que se chama NAMING .

-1-A forma en que un equipo de creativos traballa tanto no NAMING como no deseño do logo, tipografías e demais aspectos da imaxe corporativa pode partir dun proceso de BRAINSTORMING, no que o equipo creativo apunta todos os CONCEPTOS que se poidan asociar á idea do que ofrece esa empresa. No brainstorming non debemos renunciar a apuntar ningún dos conceptos que nos pasen pola cabeza, sexan ou parezan absurdos, vergoñentos, negativos, ou inútiles. A publicidade e o inxenio pode tamén facer uso destes coceptos negativos, dun xeito irónico, ou enmascarándolos, ou incluso citándolos en clave de humor para curarse en saúde (por exemplo, o SLOGAN do turrón 1880 é "O TURRÓN MÁIS CARO DO MUNDO")

-2- Despois, os deseñadores escollen qué conceptos poden ser máis interesantes e traballan con eles: danlles voltas, e cun lápis na man, debuxan e bocetan buscando unha forma ou formas con que expresar eses conceptos para que definan esa marca.

-3- Unha vez chegado a unha idea base, hai que ELIMINAR o superfluo, buscar a simplicidade, o minimalismo estructural e formal, facer que o logo sexa o máis claro, conciso e potente posible, coa mínima cantidade de formas e cores, e buscar unha letra (tipo) que sexa boa para o que queremos expresar.

-4- Buscaremos agora un slogan ou frase que defina, dun xeito publicitario, o que anunciamos. Ten que ser BREVE E CLARA, ademáis de, se é posible, orixinal e imaxinativa.

-5- en todo este proceso hai que ser orixinal, pero SIN PASARSE, xa que a imaxen, como calquera linguaxe, actúa sobre conceptos XA COÑECIDOS E APRENDIDOS POLO ESPECTADOR, sobre TÓPICOS, e polo tanto se somos demasiado orixinais o público pode non entender (¿cantas veces quedamos sin saber se un baño é de homes ou mulleres por un deseño DEMASIADO ORIXINAL dos símbolos?)

-6- Facemos agora, unha vez construída a imaxen básica da empresa, o MANUAL CORPORATICO COMPLETO da empresa que nolo encargou, que será máis ou menos detallado, dependendo da empresa (se ten o no rotulación de vehículos, monolitos, papelería completa, material informático, pegatinas, merchandising, etc etc)

No hay comentarios: