martes, 1 de febrero de 2011

A BANDA DESEÑADA


O comic, a banda deseñada, é un dos medios expresivos e artísticos máis achegados á actualidade.
Cunha curta historia, este medio, nacido orixinalmente na prensa estadounidense, como un complemento satírico ás noticias, foi evolucionando dende o humor ata moitos máis xéneros, e se mantivo sempre como un medio libre, rebelde, desafiante ao poder.
As súas características son o seu carácter NARRATIVO, a SECUENCIACIÓN da narración, que o fai irmán do cine, e as infinitas posibilidades que ofrece o poder contar unha historia sen máis limitacións que a imaxinación do autor.
Din que agora a BD está a ter un rexurdimento en Galicia, con presencia de bos autores, aínda que segue a ser un medio (para ben ou para mal) marxinal dentro dos medios de masas, cun público escaso aínda que moi fiel, e co (totalmente inxusto) estigma de ser considerado un medio artístico para nenos ou para adolescentes.
Levaría moito falar de comics e de todo o que poden ofrecer, é máis doado que vos indique páxinas onde podedes atopar DE TODO o que queirades saber sobre os comics.
En España existen moi bos blogueros, que exercen algo parecido á crítica de arte, sobre os comics, e informan e analizan os libros que se editan a nivel estatal e internacional.
Destacan a famosa bitácora LA CARCEL DE PAPEL, que creou fai anos o valenciano Álvaro Pons, o blog ENTRECOMICS, e a nivel galego, o blog de Rubén Santamarta, BD TECA, linkado á Voz de Galicia, ou a páxina de BD do portal CULTURA GALEGA.
Tamén é importante botar un ollo á páxina da AGPI, a asociación galega de ilustradores, e a blogs de autores, como por exemplo o blog do debuxante David Rubín, chamado DE TRIPAS CORAZÓN.
En todos eles paga a pena pararse un pouco e ler...pero si de ler comics se trata, temos que achegarnos a unha libraría especializada, e en Santiago temos máis dunha, como a librería KOMIC, en San Pedro de Mezonzo, ou A GATA TOLA, en Romero Donallo.
Lugares que hai que coñecer para ver máis de preto este hipnótico e infinito mundo da banda deseñada.

Na foto vemos a YELLOW KID, o primer personaxe de comic

No hay comentarios: