sábado, 1 de enero de 2011

O MUNDO DE ESCHER

"Maurits Cornelis Escher, máis coñecido como M. C. Escher (Leeuwarden, Países Baixos, 17 de xuño de 1898 - Hilversum, Países Baixos, 27 de marzo de 1972), debuxante e gravador holandés, é mundialmente famoso polos seus debuxos nos que desafía á percepción do espectador, e xoga co ilusorio e o real, desvirtuando as leis da perspectiva a partires dun profundo conocimento dela e das súas leis.

Cunha obra de máis de 400 gravados e máis de 2000 debuxos, espalladas por todo o mundo e multiplicadas en milleiros de reproducións en libros, posters, etc, é hoxe un artista moi mediático, dada a curiosidade do seu plantexamento artístico, sinxelo en apariencia, pero moi laborioso e tecnicamente complexísimo.
Pode considerarse tamén un outsider dentro do mundo da arte e da representación visual, moi alonxado de misticismos, e da idea de trasmitir sentimentos ou conceptos "artísticos". O seu foi xogar coa representación visual pura, xogar co espectador, facerlle sentir partícipe do propio engano que supón mirar dentro dun cadro.
Xoga con conceptos contrapostos como o branco e negro, o finito e o infinito, e sobre todo, coa liña que separa realidade de ficción, algo que interesou dende sempre a tódalas artes.
Podemos ver na súa obra sobre todo tres tipo de temas:
  • A estrutura do espaZo – IncluÍndo paisaXes, compenetración do mundo e corpos matemáticos.
  • A estrutura da superficie – Metamorfosis, ciclos e aproximacións ao infinito.
  • A proxeción do espazo tridimensional no plano – Representación pictórica tradicional, perspectiva e figuras imposibles.



O máis coñecido deste autor son as figuras ou obxetos imposibles, representacións aparentemente tridimensionais pero que introducen enganos ou trampas que nos fan dudar de qué é cóncavo-convexo, qué direción toman os obxetos, qué é máis grande ou máis pequeno, ou qué está máis cerca ou máis lonxe.
En definitiva, é un xogo visual e perceptivo que fai parte importante da imaxen o propio espectador, en canto de que é plenamente consciente do engaño no que participa e que él mesmo (nós mesmos) construímos.

Se che interesa este autor, podes saber máis cousas del nestos enlaces:




No hay comentarios: