domingo, 9 de enero de 2011

NOVOS SOPORTES INFORMÁTICOS

Que estamos a asistir a unha revolución dixital dende hai tempo é un feito, que isto é algo que non para e que se está a meter en todos os ocos das nosas vidas, tamén.
O mundo dixital xa é o centro do noso ocio, da meirande parte da tecnoloxía que usamos, e pouco a pouco, vai chegando tamén o ensino.
Poderedes ver nas aulas dalgúns cursos miniordenadores e proxectores, e veredes que, aínda que tímida e tardiamente, a escola acaba por abrirse a tecnoloxías de creación e difusión de contidos que nos fan a vida máis sinxela a todos.
Imos ver que a informática non é só o que ten que ver cos ordenadores, e que están xurdindo novos aparellos e sistemas operativos interesantes...
que son...?

...as TABLETAS?

Pódense usar para navegar en internet, e para ler libros,
documentos ou prensa.
Tamén admiten instalación de aplicacións que as
poden facer máis versátiles.
Permiten a lectura en varios ambos sentidos, e resultan un modo moi util de almacenar libros e contidos audiovisuais en moi pouco espazo.

O Ipad é a tableta de Apple.
Usa sistema Operativo propio (iOS)
Non ten entrada USB nin admite outra conexión que non sexa cun ordenador, co que se comunica a través do Itunes.
As aplicacións poden baixarse, a meirande parte pagando, do APP STORE, onde tamén se poden comprar os libros.
Aínda que Apple segue a representar a avangarda de calidade e fiabilidade, é CARO e pouco versatil e compatible con outros aparellos.
Está a ser a tableta máis vendida, e o buque insignia desta tecnoloxía.


A lectura na súa pantalla é moi comoda, moito máis que nun ordenador. Pode ler libros ou PDFs



A XOOM de MOTOROLA usa un sistema operativo de GOOGLE, o gran competidor de Apple, chamado ANDROID.
E máis versátil, máis barata e algo máis grande que o ipad, aínda que non ten a sua sona de calidade.


Ademáis, GOOGLE tomou ventaxa respecto dos editores e creadores de contidos, que non ven con bos ollos a actitud de Apple, que cobra un 30 por cento de PVP dos contidos que ofrece, e deixa ao marxe aos editores respecto a suscripción de clientes.
As condicións que ofrece GOOGLE son mellores para editores e iso pode incidir nunha futura standarización do mercado


A Galaxy Tab de SAMSUNG é outra opción, tamén de sistema operativo ANDROID, (de Google), é máis pequena que o Ipad e o Xoom, e permite algunhas opcións de serie como a tecnoloxía 3g


Outras tabletas que usan o ANDROID de Google son:



(francesa), especialmente
pensada para a cociña


TOSHIBA, de momento só un prototipo

Outras tabletas e outros sistemas operativos

KINDLE de Amazon (gran empresa de comercio online)


NOOK COLOR, tableta desenvolvida pola gran empresa librera americana BARNES and NOBLE

ORBYT é unha aplicación española que permite ler a prensa do grupo Unidad Editorial (EL MUNDO)




Teléfonos móviles que admiten ser programados e polo tanto poden ampliar as súas funcións e capacidade.
Algúns exemplos de teléfonos denominados intelixentes :
Serie MOTO Q de Motorola, Nokia series E e series N, BlackBerry, iPhone, Nexus One e Sony Xperia

Os sistemas operativos para móvil máis usados nos teléfonos intelixentes son (datos de novembro de 2010):
Symbian OS 36,6% (44,6% en 2009)
Android 25,5% (3,5% en 2009)
iOS 16,7% (17,1% en 2009)
BlackBerry OS 14,8% (20,7% en 2009)
Windows Mobile 2,8% (7,9% en 2009)
Bada OS



...os MINIPORTÁTILES/ NETBOOKS?

Ordenadores portátiles con usos máis específicos que os ordenadores normales (ensino, por exemplo) e sistemas operativos que os fan máis limitados en canto a compatibilidade, aínda que máis cómodos de usar, e sobre todo, de transportar.
Compiten no mercado coas TABLETAS e teñen unhas características similares, aínda que lles falta o compoñente máis característico delas, a pantalla táctil


Todos estos novos soportes aínda non chegaron á estandarización e establización comercial que tiveron os ordenadores, e haberá que agardar a ver cal é a resposta do público, e cal ou cales deles acadan realmente o mérito de entrar definitivamente nas nosas vidas.
Méritos non lles faltan a ningún...nin aos que virán

No hay comentarios: